" />

AGEe consigue que a pesca artesanal quede fóra dos TAC’s

O pasado mes de decembro a Eurocámara aprobou unha emenda que rexistrou  Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), incluída na resolución do Parlamento Europeo. Unha nova Política Pesqueira Común: estrutura para as medidas técnicas e para os plans plurianuais, co fin de que no texto final deste informe ficase especificado que “a pesca artesanal accidental nas augas interiores dos Estados e das rexións debe permanecer fóra dos TAC2″.

A nivel galego, isto suporía que as embarcacións que se dedican a artes de enmalle , deste xeito as betas ou os miños, non se verían obrigadas a tirar unha parte dos lotes de peixe capturado ao mar, minimizando así as grandes perdas que están a ter a día de hoxe. Dita emenda foi elaborada a partir da información proporcionada polo Patrón Maior da Confraría de Cangas, Francisco Javier Costa, durante a realización da xornada “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro”, convocada por AGEe o pasado mes de novembro nesta vila do Morrazo.

Para saber se esta reivindicación do sector de que, a pesca artesanal galega accidental estea libre de TAC’s e cotas dentro das augas interiores, a eurodeputada de AGEe Lídia Senra rexistrou unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea interpelandoa directamente para que concrete se vai “tomar en consideración este punto da Resolución do Parlamento Europeo” e, en caso afirmativo, “que accións emprenderá para que se faga efectivo nos estados membro e en que prazo”.

Senra destacou a relevancia para Galiza de incorporar esta consideración na PPC, subliñando que “este é un aspecto moi importante para manter a economías das pequenas embarcacións que se dedican á pesca artesanal e abastecen os mercados diarios de peixe fresco”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo