A Alcaldesa destaca a importancia de previr a diabetes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este mediodía o posto informativo que a Asociación de Diabéticos de Lugo (ADIL) instalou no vestíbulo do Hospital Universitario Lucus Austi con motivo do Día Mundial da Diabetes, que se celebra hoxe, 14 de novembro.

Ao longo da xornada, o alumnado de 4º curso da Escola de Enfermaría realizá distintos controis para que os veciños que así o queiran poidan comprobar o seu nivel de azucre no sangue. Ademais ofrecerán asesoramento sobre estilos de vida saudable, alimentación, actividade física e signos de prevención. Nesta visita tamén participou o Presidente da Deputación, Darío Campos, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, entre outras autoridades.

Este ano o Día Mundial da Diabetes céntrase nas mulleres, que son especialmente vulnerables ao longo do período de xestación e tras o embarazo, co slogan O noso dereito a un futuro sano. Según a Federación Internacional de Diabetes (IDF), máis de 199 millóns de mulleres sofren diabetes no mundo, sendo a novena causa principal de morte entre mulleres de todo o mundo, causando 2,1 millóns de mortes ao ano.

Méndez, que realizou o control de glucosa, valorou tanto o traballo que realiza a asociación como a posta en marcha destas iniciativas que conmemoran o día e que reivindican hábitos de vida saudables, prevención e investigación para esta doenza, que afecta a 1 de cada dez mulleres. Ao mesmo tempo, fixo un chamamento á sociedade para que se faga estes controis, capaces de previr e detectar esta enfermidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo