Alumnos de sexto de primaria dan propostas ao Concello en prol da Infancia

Medio centenar de alumnos de sexto de primaria de tres colexios da cidade, participaron hoxe nun acto organizado por UNICEF xunto co Concello de Lugo co gallo do Día Internacional da Infancia. Os nenos e nenas explicáronlle a algúns dos edis do goberno municipal distintas iniciativas e propostas en prol da infancia. Ao acto tamén asistiu a presidenta de UNICEF en Lugo, Mar Maseda.

A Concelleira de Economía, Ana Prieto, destacou que “todos os nenos e nenas fixeron propostas moi interesantes e
construtivas, das que os maiores temos moito que aprender”. Ademais, a edil lembrou que “noutros encontros infantís recolléronse iniciativas que hoxe xas están executadas por parte do Concello, como por exemplo os parques infantís cubertos”.

“Son rapaces e rapazas solidarios, que nos fan peticións e suxestións para mellorar a nosa cidade, moitas das cales xa forman parte da folla de ruta do Goberno, polo que sinto moito orgullo porque estes nenos e nenas lucenses teñan estas ideas, que mostran que en Lugo hai futuro”, afirmou Prieto.

Pola súa parte, Mar Maseda agradeceu “a aposta do Concello polos dereitos da infancia e a colaboración que sempre lle prestou a UNICEF”, e tamén quixo destacar a participación dos centros educativos neste programa.

Neste encontro participaron alumnos e alumnas de sexto de primaria dos colexios Cervantes, Menéndez Pelayo e Galén que presentaron diferentes propostas e preguntas aos edís. Neste senso, os nenos e nenas propuxeron ter máis espazos peonís e cubertos na cidade ou que o Concello continúe apostando polo comercio xusto e polos proxectos de cooperación internacional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo