As políticas de emprego da Deputación logran a inserción laboral de 171 lucenses

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, realizou esta mañá, un balance da xeración de emprego na provincia durante os dous anos e medio do Goberno na Deputación, despois de anunciar que a Xunta de Goberno aprobou 2 novos empregos do Ben Empregado 3. En concreto son: 1 motoserrista, en Trabada; e 1 peón de pedra granítica, no Incio.

López Izquierdo subliñou que “grazas as políticas de emprego que desenvolvemos dende o Goberno da Deputación, acadamos a inserción laboral de 171 persoas participantes nas distintas edicións do Ben Empregado o que supón que o 35% dos beneficiarios deste plan estea traballando unha vez finalizado o período subvencionado polo Executivo  Provincial. Esta porcentaxe supera as programacións de emprego doutras administracións coas competencias en emprego, como por exemplo o INEM”.

Ademais, cos programas de emprego do Executivo Provincial hoxe 60 lucenses que estaban no paro conseguiron un contrato indefinido e de calidade. “Coa nosa xestión demostramos que si se quere e se traballa é posible combater a taxa de paro e a precariedade laboral, pero para iso, como digo, hai que querer e ter vontade de facelo, xusto o contrario do que está a facer o PP, que intenta confundir e enganar alardeando dun falso descenso no paro sen ter en conta a baixada poboacional. E o PP tampouco recoñece, cando dá os datos do paro na provincia de Lugo, que nos últimos 7 anos hai 2.000 persoas menos traballando e o 87,3% dos contratos asinados no primeiro trimestre do ano na provincia son temporais, a maioría de 1 día ou mesmo de 1 hora”.

“Ademais as súas políticas conlevan que a precariedade laboral en España alcance o 26% dos traballadores, case o dobre que en Europa e que a taxa de paro xuvenil se sitúe no 36%, o que significa que 1 de cada 3 menores de 25 anos que queren traballar non poden facelo” destacou López Izquierdo.

Publicadas as calificacións do Ben Empregado 4

O Goberno da Deputación publicou hoxe tamén as puntuacións das 4.200 probas de selección realizadas para os 182 novos postos de traballo do Ben Empregado 4, máis social. Con esta última edición do Ben Empregado, que conta cun investimento provincial de 2,2 millóns de euros, o Executivo Provincial continúa coa súa aposta decidida por xerar emprego de calidade, que blinde os dereitos dos traballadores, en empresas e colectivos lucenses que así o demandan.

As calificacións das entrevistas levadas a cabo polos máis de 1.300 lucenses no paro están publicadas en benempregado.deputacionlugo.org e no taboleiro de anuncios do Pazo de San Marcos. A vindeira semana a Xunta de Goberno aprobará os 182 seleccionados para os postos de traballo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo