Balseiro pide á alcaldesa que “non intente confundir aos veciños”

A Xunta de Galicia mantén os proxectos en marcha para o barrio da Residencia en Lugo, e non hai ningún cambio respecto dos futuros servizos que a administración autonómica impulsará nesta zona da cidade. Así o asegurou esta mañá o delegado territorial, José Manuel Balseiro, quen lamentou que o Goberno local intente confundir á cidadanía e sementar dúbidas sobre o compromiso da Xunta con esta iniciativa.

Balseiro apuntou ademais que a administración estivo traballando intensamente nas distintas actuacións, e que o seguirá facendo nos vindeiros meses. Proba diso son os pasos dados en cada unha das iniciativas.

Así, no Centro Integral de Saúde, o proxecto técnico xa está rematado, solicitouse licencia de obra e o seguinte paso será licitar as obras.  Pola súa banda, na nova Oficina de Emprego, tamén o proxecto está finalizado, e a Xunta vai solicitar a licencia nas vindeiras semanas. Finalmente, a Xunta xa traballa no expediente para iniciar as obras de derrubamento.

En todo caso, o delegado aclara que foi a instancias do Goberno central, propietario do inmoble, polo que no mes de maio a Xunta acordou deixar sen efecto a cesión das instalacións. Desde a administración central vían convinte realizar máis adiante unha retrocesión global do complexo.

“O Goberno local o que ten que facer é colaborar coa Xunta e non entorpecer o proxecto”-sinalou o delgado, quen apuntou que un xeito de facelo é, por exemplo, instando ao Goberno central a manter o proxecto da nova Comisaría, que xa estaba encamiñado co anterior Goberno central.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo