O BNG advirte que o proxecto do CEIP do Sagrado Corazón non contempla cociña

A edil do BNG-AA no Concello de Lugo, Maite Ferreiro, alertou esta mañá sobre a redacción do proxecto básico de execución para a construción do novo CEIP do Sagrado Corazón, anunciado onte pola Xunta de Galicia. Un prego de prescricións técnicas no que se definen as características que debe ter o novo centro educativo e no que non aparece contemplada a construción de cociña. Maite Ferreiro afirmou que “tanto PP como PSOE deberán de dar explicacións de por que teiman en non dotar de cociña e comedor aos novos centros educativos cando é unha latente demanda social, sobre todo despois do acontecido cos servizos de comedor nos últimos tempos en Lugo e noutras cidades”. 

Para a edil, non é de recibo que un novo centro que vai ocupar 3.000 metros cadrados e custar 4 millóns de euros xurda coa carencia dun servizo necesario para avanzar na conciliación familiar “lembrarémoslle esto a PP e PSOE cada vez que se lles encha a boca falando de conciliación familiar e apoio á familias”. Ferreiro sinalou que “segundo se anuncia o centro ten como vocación dar servizo a novos residentes que xurdan no entorno, pero parece que o servizo vai ser parcial por que as cociñas non se contemplan no proxecto”.

BNG-AA levou ao pleno do mes de xullo deste mesmo ano unha iniciativa que foi aprobada con votos a favor de todos os grupos e coa abstención do PP na que se pedía literalmente que a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inclúa no proxecto de construción do novo colexio situado no barrio do Sagrado Corazón, desta cidade, as infraestruturas necesarias coas dotacións e persoal necesarias para que se poida prestar o servizo de cociña e comedor neste centro educativo, cunha xestión directa dende a propia Consellería. 

“Lamentamos que o concelleiro do PSOE o Sr. Balseiro ignoren os acordos plenarios do concello á hora de tomar decisións” dixo Ferreiro que sinalou está claro que “nin PP, nin PSOE están interesados e dar servizos públicos por que se non elimínanse as concesións ás empresas privadas e todo o que esto supón”. Para o BNG-AA “non é admisible que unha nova instalación se faga con carencia de servizos e atendendo unicamente a intereses partidarios”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com