Carlos Mella falará mañá do nacionalismo en Castelao, na Biblioteca Nodal

A asociación cultural ATENEO GALEGUISTA de Lugo organiza este mércores 21 de Febreiro ás 19:30 horas na Biblioteca Nodal de Lugo, a conferencia de Carlos Mella baixo o título O Nacionalismo en Castelao. Existencia real e Presenza Política.

Carlos Mella, é presidente da Fundación Castelao, e autor de importantes traballos sobre economía e política como A falacia do economicismo ou A Galicia Posible. Narrador, político, economista, está considerado como unha das figuras máis importantes do mundo cultural e político da Galicia máis recente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo