Catro conferencias sobre a cultura romano castrexa preparan a Lugo para o Arde Lvcvs

A edil de Cultura no Concello de Lugo, presentou hoxe a  programación de conferencias que ten preparadas o Concello para os vindeiros días, “como colofón ao Arde Lvcvs Cvltvral, que nos últimos tres meses ofreceu medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa, previas ao Arde Lvcvs”, segundo explicou a propia concelleira.

No acto tamén estivo presente o arqueólogo municipal, Enrique González, así como o presidente da asociación de recreación histórica Cohors III Lucensium -que colabora na programación de charlas,-Miguel Alvelo, e outros  membros da directiva deste colectivo.

Na presentación, Alvelo agradeceu ao Concello a colaboración que presta a entidade local, cedendo para este ciclo o espazo do Vello Cárcere; ao tempo que felicitou ao Concello polo traballo que levan facendo estes anos tanto no Arde Lvcvs como en enxalzar a cultura romana e castrexa.

O ciclo de conferencias engloba 4 charlas. Arrincará este venres, 8 de xuño, cunha charla sobre gandería, caza e animais de compañía na Galicia Romana. O Licenciado e Doutor en Xeografía e Historia na Universidade de León, Carlos Fernández Rodríguez, será o encargado de inaugurar este programación.

A seguinte terá lugar o luns, 11 de xuño, a cargo do arqueólgo Xurxo Ayán, que contará as memorias dun esquelete:  etnoarqueoloxía no campo santo medieval do Castro de San Lourenzao en Cereixa, situado na Pobra do Brollón. Ao día seguinte, o martes 12, será a quenda de Rafael María Rodríguez Martínez, quen falará sobre o xacemento da
Lanzada, en Sanxenxo. O ciclo pecharase o mércores, 13 de xuño, da man da ex arqueóloga municipal, Covadonga Carreño, cunha ponencia sobre a primeira praza pública de Lugo: O Foro Romano.

Todas as conferencias terán lugar ás 20:00 horas no Vello Cárcere. A entrada é libre ata completar cabida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com