Cidadáns denuncia a aparcición de ratas en distintos solares da cidade

A portavoz de Cidadáns Olga Louzao, denuncia o mal estado da cidade ao haber grandes terreos cheos de maleza, moitos de eles municipais, que están provocando a proliferación de ratas e insectos.

“Os veciños das distintas partes de Lugo se están queixando de como teñen que ver día sí e día tamén, un montón de ratas en terreos abandonados cerca das súas casas ou negocios, mentres que o Goberno municipal os ignora” afirma Louzao.

“Concretamente en dous puntos da cidade hai unha alta concentración de roedores e demais pragas; no solar abandonado cara o centro de saúde de Fingoi de titularidade municipal, e no solar da rúa San Roque coa Ronda da Muralla, onde se poden observar partes dunha grúa e unha gran cantidade de maleza”, afirma a portavoz de Cidadáns.

“Desde Ciuadáns solo demandamos que a alcaldesa poña solución a este grave problema, desratizando esas zonas e limpando os terreos para evitar que volvan estas pragas” afirma Louzao, “parece que a alcaldesa está esperando a aparición dun frautista de Hamelín que salve a situación, mentres ela está sentada de brazos cruzados”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo