Concello, Deputación e CRAEGA impulsan a II Feira de Produtos Ecolóxicos de Galicia

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fernández, e o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), José Antonio Fernández Álvarez, presentaron hoxe no Salón de Plenos do Concello a segunda edición da Feira de Produtos ecolóxicos de Galicia Ágora Verde, que se celebrará os vindeiros venres e sábado no fondo da Praza Maior coa participación dunha vintena de produtores, maioritariamente de Lugo, aínda que tamén do resto da comunidade autónoma.

A principal novidade desta nova edición é o aumento das degustacións de productos que ofrecerán os diferentes postos. Celebrarase en horario de 17:00 a 22:00 horas o venres, e de 11:00 a 20:00 horas, o sábado. A convocatoria de Lugo, que conta coa colaboración de entidade local e provincial, é a primeira dunha serie de feiras que o CRAEGA impulsa en Galicia este ano, e que terán lugar seguidamente en Monforte de Lemos, Sada e Vigo.

A Alcaldesa destacou que, se este ano se volve a celebrar o certame en Lugo, “é porque a primeira edición foi todo un éxito e queremos seguir potenciando este tipo de iniciativas”. Lara Méndez puxo en valor a importancia da agricultura ecolóxica no municipio lucense, que conta con 21 operadores inscritos no CRAEGA: 7 industrias, catro ganderías e 10 agricultores, “cifras suficientes como para que o Concello apoie esta feira e este sector en crecemento, que conta cada vez con máis produtores e consumidores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com