O Concello incrementará nun 1% o soldo dos traballadores municipais

O Concello de Lugo incrementará nun 1% o soldo dos traballadores municipais, axustándose a Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Así o anunciou esta mañá o voceiro do Concello, Miguel Fernández, quen ademáis asegurou que este aumento “será visible a partir da vindeira nómina e que virá con caracter retroactivo dende xaneiro deste mesmo ano”.

Por outra banda, Fernández deu conta da inadmisión aprobada pola Xunta de Goberno de dúas solicitudes de bonificación do imposto de construción para dúas naves do polígono industrial das Gándaras porque a petición foi efectuada tras a derogación da ordenanza que establecía as devanditas bonificacións, unha medida aprobada polo
Pleno a principios do ano pasado, que acordou aplicar estas rebaixas ás explotacións gandeiras.

Aproveitando a comparecencia ante os medios, o voceiro municipal anunciou asemade que, tras as dúbidas amosadas por algúns grupos da oposición ante a modificación orzamentaria aprobada no pleno extraordinario de agosto, o goberno municipal si está traballando para levar a cabo os diversos investimentos.

Fernández lembrou que o concello xa recibiu os pertinentes permisos de Patrimonio para avanzar no parking do Hula, que traballan no desdobramento da Duquesa e que “en breves licitarán o proxecto DUSI”.  O edil asegura que “está todo en marcha para avanzar e cumprir cos orzamentos municipais aprobados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo