A Deputación destina case 800.000 euros á mellora de servizos públicos de Guntín

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou esta mañá sobre o investimento de 785.200 euros, que o Goberno Provincial achegou á melloras das dotacións públicas, dos servizos sociais e do emprego de Guntín, na procura de mellorar a calidade de vida dos 2.800 veciños deste municipio. Campos Conde deu conta das actuacións levadas a cabo nunha visita ao Concello xunto a María José Gómez Rodríguez, segunda Tenente de Alcalde.

Campos e Gómez supervisaron as melloras en accesos municipais que se levaron a cabo con 285.000 euros que achegou o Goberno da Deputación. Foron outros 100.000 euros os executados en máis mellora de infraestruturas e dotacións públicas, como a dos camiños aos núcleos de Lamasalgueira e San Paio; a instalación de 10 novos puntos de luz LED no centro da vila; así como saneamentos e traídas de auga, especialmente no rural.

 

Asemade, o Executivo Provincial xerou 5 empregos neste municipio a través do DepuEmprego e o Ben Empregado, así como coa achega de máis de 23.000 reuros que permite a contratación de traballadores para ofrecer 1.068 horas de atención profesional a 17 maiores co Servizo a Domicilio a non dependentes e da Teleasistencia gratuíta.

Campos Conde destacou que o Goberno da Deputación xa aprobou un investimento de 291.159 euros para continuar con este traballo de mellora dos servizos públicos de Guntín.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com