A Deputación promove Santa Eulalia de Bóveda “ante a desidia do PP”

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado pola Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurou este venres no Salón de actos da Deputación, a Xornada sobre o monumento de Santa Eulalia de Bóveda, unha nova iniciativa coa que o Goberno promove o estudo do patrimonio provincial. No acto estivo acompañado pola Directora do Museo, Aurelia Balseiro, e o coordinador da xornada e investigador, Enrique Montenegro.

O Presidente lembrou no seu discurso, “que o Refectorio do Museo Provincial acolle nestes intres a mostra A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda, composta polas 6 acuarelas realizadas por Elías de Segura en 1927, e que o Goberno da Deputación trouxo por 1ª vez a Lugo 91 anos despois da súa creación. Precisamente, a Xunta abriu este monumento declarado BIC, xustamente, a mesma semana que inauguramos esta mostra, e agora mesmo só pode visitarse en horario de mañá. Polo tanto, mentres outras administracións pechan as portas, nós estamos aquí hoxe para seguir estudando e divulgando o patrimonio da provincia”.

Campos Conde explicou tamén que esta mesma semana o Pleno Provincial debateu unha moción socialista, co fin de poñer en valor este monumento, pero o PP votou en contra, a pesar de que unha iniciativa semellante xa fora debatida e aprobada no Parlamento de Galicia por todos os grupos da Cámara incluído o PP. “Todo o que o Partido Popular rexeitou no Pleno Provincial é precisamente o que estamos facendo hoxe aquí, estamos promocionando e divulgando o monumento de Santa Eulalia para que a xente teña a oportunidade de recoñecer este singular edificio”, sinalou o Presidente.

Por último, Campos Conde convidou aos representantes do PP a visitar os circuítos culturais que o organiza o equipo da Rede Museística e non menosprezar o seu traballo. “Eu só espero que rectifiquen e nun futuro defendan a nosa cultura e o noso patrimonio, como se merecen, porque son a expresión do noso pobo”, sinalou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo