Emilio Viqueira: “Sempre tiven na cabeza voltar a Galicia”

O novo director deportivo do Club Deportivo Lugo foi presentado na maña do mércores no Estadio Anxo Carro, acompañado polo presidente da entidade, Tino Saqués. Viqueira, mostrou a súa ledicia por voltar a Galicia vinte anos despois e Saqués asegurou dar co director deportivo adecuado, que firma por catro anos.

‘Como diría meu avó, creo que batimos co home’, asegurou Saqués para dar comezo a presentación de Emilio Viqueira. Ademais, o presidente dixo que buscaban o perfil de alguén que se identificara con Galicia e, por iso, Emilio foi a mellor opción dende un inicio.

Nas primeiras verbas de Emilio, destacou a palabra ‘agradecemento’ ao club, a Tino e ao Club Deportivo Lugo, engadindo que tiña moitas gañas de volver a súa terra.

‘Si, no Nàstic foi unha tempada dura pero conseguiuse o obxectivo, que é o importante. Voltar a casa sempre o tiven na cabeza. Cando recibo a chamada do ‘presi’ non hai máis que pensar, fai moito tempo que marchei. Só cunha conversación con Tino foi moi fácil’, engade o novo Director Deportivo do Lugo.

En canto as ideas de traballo, Viqueira destaca que ‘eu son un director deportivo que me gusta moito estar cos futbolistas. Gústame miralos a cara e dicirlles o que penso en cada momento, sexa bo ou malo’ e engade que ‘axudarei no que poda aos futbolistas, o adestrador e o club. Traballaremos todos unidos, non vexo outra maneira’.

‘O Lugo ten un modelo de xogo difícil de encontrar na Segunda División. Temos que seguir coa mesma líña de xogo. Gústame xogar ben o fútbol. Catro anos dan para moito e ogallá cumpra o meu contrato xa que é o meu desexo, o de Tino e o de todos’, aclara Viqueira.

En canto a contratación do novo adestrador, Viqueira apunta que ‘o adestrador debe ser un home que veña coa miema ilusión que ten o presidente, a cidade, a afección, os futbolistas e eu. Nese sentido buscaremos o mellor adestrador posible, que teña a idea do club e a que teño eu. A partir diso, isto é acertar e buscar os mellores profesionais posibles para cada área’.

Para finalizar, Emilio Viqueira tamén deu detalles sobre o plantel, engadindo que ‘creo que se quedou unha base moi bonita en canto o grupo, tendo xente con experiencia e xente que coñece a casa. A partir de aí, detallaremos cada caso nas diversas reunións que temos esta tarde e empezaremos a traballar’.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com