Inaugurada en Vitoria a exposición itinerante Manuel Rodríguez López

O pasado xoves 16 de xuño, presentouse ao público no Centro Galego de Vitoria a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do Concello, que da nome á Casa municipal de Cultura e ao Certame Literario, que  xa vai pola XXI edición.

Esta mostra itinerante percorreu xa numerosas cidades e localidades galegas, visitou a Casa de Galicia en Madrid e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca e León, abríndose agora no Centro Galego de Vitoria, coincidindo coa celebración do Día de Galicia en Euskadi. Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Barcelona, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.

Na inauguración da mostra participaron Manuel López, presidente do Centro Galego de Vitoria, e o Director de GaliciaDigital, Antonio Giz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo