Localizado o corpo dun dos anciáns que pereceu no incendio de Bóveda

Os Bombeiros de Monforte localizaron o corpo sen vida dunha das dúas persoas que se atopaban no interior da casa incendiada hoxe en Bóveda. As tarefas de limpeza dos cascallos e busca da segunda vítima quedaron suspendidas hai escasos minutos por falta de visibilidade. A zona quedou totalmente acordoada, á espera de que mañá se retome o dispositivo.

O lume quedou sufocado ás 18:00 horas desta tarde, segundo a información facilitada ao 112. O inmoble, situado no lugar da Raíña, veuse abaixo por completo, o que condicionou dende o principio as tarefas de busca dos anciáns.

No momento no que se declarou o incendio, no interior da vivenda había dúas persoas de avanzada idade. A partir dese momento, os xestores do 112 Galicia puxeron en marcha un operativo no que participaron efectivos de Urxencias Médicas, Bombeiros de Monforte e a Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com