Lugo xa ten rede de biomasa que quentará as instalacións de Frigsa

A cidade de Lugo xa conta cunha rede de Biomasa que quentará oito edificios municipais sitos no Parque de Frigsa. Cabe destacar que dos oito proxectos que se presentaron á convocatoria do INEGA para financiar este proxecto de biomasa, só o Concello de Lugo acadou esta axuda tras construir a caldeira en só 14 días. Os inmobles aos que se dotou deste subministro son as piscinas, a Casa das Asociacións, Casa Clara Campoamor, pavillón Luis Gorgoso, Club de Tenis, MIHL, auditorio Gustavo Freire e Biblioteca, que ata o de agora se nutrían de gas, gasóleo e electricidade.

Na presentación hoxe desta caldeira estivo presente, ademáis da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen foi o encargado de levar a cabo as xestións necesarias para construir en tempo e forma esta caldeira que suporá un aforro ás arcas municipais de entre un 42% e un 57%. Ademáis da rebaixa económica, esta Rede de Biomasa, levará consigo a importante reducción dunhas 600 toneladas de CO2.

A rexedora lembrou que dos 870.000 euros de orzamento cos que contou este proxecto, 700.000 son da axuda que conseguiu o Concello na convocatoria de concorrencia competitiva aberta no 2016 polo Instituto Enerxético de Galicia, e o importe restante de fondos propios municipais. Lara Méndez subliñou que o Goberno local “foi capaz de acometer esta importante obra, a pesar dos prazos tan axustados que tiñamos”.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta afirmou que con esta obra pon en marcha unha rede de distribución dunha lonxitude de 770 metros que suporá un aforro de 83.000 euros ao ano “polo tanto falamos que en 10 ou 11 anos, esta obra tería a inversión rentabilizada; é unha política económica importante e é unha política ambiental importante”, resaltou o delegado.

A instalación conta cun sistema de xestión enerxética innovador, que permitirá optimizar o seu funcionamento e, consecuentemente, reducir os custes enerxéticos. Trátase dun proxecto que utiliza, en palabras de Balseiro, “como
combustible un recurso autóctono, renovable, limpo e moi competitivo en prezo que, ademais, aproveita a eficiencia dos sistemas centralizados fronte aos sistemas illados. A actuación, que se levou a cabo no complexo de Frigsa, é a primeira desta tipoloxía realizada en Galicia, vinculada á instalación de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa (district heating) en empresas e administracións
públicas.

O Goberno galego apoiou esta obra a través da convocatoria de axudas para impulsar o uso da biomasa (district heating), cofinanciada con fondos Feder, que se desenvolve no marco da Estratexia integral de impulso á biomasa.

Neste eido, o voceiro do grupo municipal popular, Antonio Ameijide, agradeceu esta mañá o compromiso da Xunta con Lugo có finaciamento de actuacións en prol da eficiencia enerxética.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo