Mañá remata o prazo para que Concellos, asociacións e grupos teatrais poidan anotarse no Buxiganga da Deputación

O Goberno da Deputación mantén aberto ata mañá o prazo para participar no Buxiganga, o programa dotado con 40.000 euros, co que o Executivo Provincial promociona o teatro afeccionado na provincia. O Buxiganga está dirixido a concellos e asociacións, para a contratación de actuacións de agrupacións lucenses de teatro afeccionado, que se celebrarán entre os meses de maio e outubro.

Na páxina web da Deputación, hai un espazo habilitado no que se poden consultar todas as bases deste programa e os documentos que se deben cubrir para entregar a solicitude no Rexistro Provincial.

O Goberno da Deputación asumirá o 80% dos custos de cada actuación e o 20% restante, será achegado polos Concellos e asociacións que soliciten ditas actuacións, para o que poderán cobrar unha entrada simbólica que en ningún caso poderá superar os 3 euros. A achega do organismo provincial, que dependerá do número dos integrantes dos grupos de música, é a seguinte: para grupos de 6 a 8 persoas, 500 €/función, para grupos de 9 a 12 persoas, 750 €/función e  para grupos de 13 ou máis persoas a dotación será de 850 €/función.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo