Martínez: “Se o PSOE non me bota pronto, tereime que ir eu”

O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, afirmou onte que se sentía tranquilo ante as decisións tomadas recentemente polo Presidente da Deputación, Darío Campos, e a Executiva Provincial do PSOE, o grupo no que -todavía- milita o becerrense; o primeiro, cesouno nos seus cargos dentro do goberno provincial; e os segundos decidiron incoarlle un expediente e suxerir á Executiva Federal a expulsión provisional de Martínez.

Estas decisións tomadas polos socialistas provinciais viñeron á raíz de que Martínez decidira votar, por dúas veces, cos deputados do PP, en contra do que quería a maioría do seu partido. O alcalde de Becerreá onte amosábase seguro e firme: “espero que me expulsen pronto senón tereime que ir eu”, esta decisión tomada por Martínez ven dada polas vindeiras eleccións.

“O meu futuro político é o que dixen que ía facer, nun principio, dentro das listas do Partido Socialista, por eso volvo hai un ano… Cando firmei un acordo, que incumpriron, pero non firmei un contrato hai un ano para marcharme agora”, explicou Martínez quen avanzou que “como non podo ir nas listas socialistas, nin quero saber nada dos dirixentes do Partido Socialista, a miña intención é presentarme á alcaldía nunha lista independiente”.

Manuel Martínez ten claro o seu futuro político en Becerreá, pero tamén recibiu xa apoios “e chamadas” de moita xente que quere presentarse nesta lista independiente. “Xa hai varias listas independientes na provincia, como son os alcaldes de Chantada, Rábade e Monterroso; eu, se hai un paraugas que nos poda unir a todos e nos poda permitir optar á Deputación eu creo que se se fai con sentido común e con algunhas desas persoas que se ofreceron e son honradas, decentes e ter palabra, sería o lóxico presentarnos”, asegurou Martínez.

Pero ao alcalde de Becerreá gustaríalle, á larga, ir máis aló e poder “chegar a toda Galicia”, creando un partido ou unha agrupación que “aglutine xente de centro dereita e de centro esquerda; ese sector que está aí orfo dende fai moito tempo”. Non optaría á Xunta pois asegurou que a súa ambición política está nos votos dos veciños de Becerreá, “eu non vou facer como outros”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo