O BNG critica que o Goberno gaste máis de 100.000 euros en dotar de auga a nova urbanización das Saamasas

A edil do BNG, Maite Ferreiro, foi crítica coa decisión do goberno municipal socialista que destinará 104.000 a dotar de abastecemento de auga á nova urbanización Sector Norte I en As Saamasas “estanse destinando uns fondos, que proveñen da Deputación e deberían ir destinados a melloras no rural, en dotar de auga unha urbanización que non existe e que ten como único fin a especulación urbanística”.

Ferreiro lembrou que o BNG sempre defendeu que se utilizaran os cartos do Plan Único para implantar o abastecemento nas parroquias “os 500.000 € que o concello recibe anualmente do Plan Único da Deputación deben ser para iniciar a instalación do abastecemento no rural dun xeito progresivo e con plans plurianuais”. 

O Pleno Municipal aprobou, en abril de 2017, unha iniciativa para iniciar a instalación dunha rede de abastecemento no rural cos fondos procedentes do Plan Único da Deputación. Trataríase dun Plan Plurianual no que se irían destinando os fondos procedentes do organismo provincial a crear unha rede de abastecemento no rural. O Plan Único foi unha proposta do BNG na Deputación que garante que o Concello de Lugo recibirá anualmente unha cantidade fixa de cartos e que será de 500.000 euros. O BNG-AA aposta porque estes fondos se destinen ao rural do concello e “entendemos que unha das débedas coas persoas que viven no rural é dar solución ao abastecemento e saneamento de augas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo