O BNG levará unha iniciativa ao Parlamento para mellorar a cobertura de telefonía na zona de O Veral e Sta. Mª Alta

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, reclama no Parlamento galego medidas efectivas para corrixir as deficiencias técnicas que impiden á veciñanza das parroquias de O Veral, Stª Mª de Alta e todo o Val do Mera no concello de Lugo, ter acceso á telefonía móbil e a internet xa que considera que é unha necesidade para dotar ao rural dos servizos necesarios.

Rodil atribúe esta problemática ao “desinterese do Goberno galego por dar solucións a estas carencias no rural e promover a necesaria fixación de poboación neste medio”. Para Olalla Rodil, “falta unha aposta decidida para facilitar un acceso óptimo a estes servizos pese as repetidas solicitudes da veciñanza nunha zona do concello moi próxima á capital e que sorprendentemente carece de cobertura para a telefonía mobil e o internet”, indicou.

A parlamentaria do BNG lembrou as queixas veciñas e sinalou que xa se fixeron as oportunas reclamacións ante as operadoras “por eso entendemos que o goberno galego debe tomar cartas no asunto para solventar esta situación o antes posible”.

A parlamentaria concluíu que o Goberno galego debe estar para velar pola igualdade para todos e todas sen importar onde vivas e, neste sentido, non se pode ter menos posibilidades e menos calidade de vida por residir no rural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo