O comercio engalana a cidade coa nova campaña ‘Lugo vístese de primavera’

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a Concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto, e a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López Yáñez, presentaron esta mañá o Lugo vístese de Primavera. Trátase da segunda edición do desfile organizado pola Asociación de Autónomas de Galicia, coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo, que ten como finalidade  reactivar o comercio de proximidade e dar a coñecer e poñer en valor os produtos que ofrecen.

O Executivo Provincial destina 1.500 euros á celebración desta cita. Ademais, a TIC da Deputación elaborará un vídeo para promocionar e difundir o desfile por toda a provincia. No desfile participarán 21 comercios da capital lucense que amosarán as súas propostas a través dunha trintena de modelos, nenos e adultos. Terá lugar o vindeiro 7 de xuño ás 20:30 horas nos corredores da planta baixa do pazo de San Marcos. A entrada será totalmente gratuíta, tendo un aforo limitado de 300 persoas, e poderanse conseguir nos diferentes comercios participantes.

López Izquierdo destacou que “dende o Executivo Provincial cremos que é necesario concienciar á cidadanía sobre a importancia de mercar nos comercios que temos ao pé da nosa casa, que axudan a dinamizar a economía e a vida nas vilas da nosa provincia. Por este motivo, colaboramos unha vez máis con este tipo de iniciativas, da man da Asociación de Autónomas de Lugo, co obxectivo de impulsar un motor económico tan importante na nosa provincia como é o comercio, que da emprego a unhas 12.500 familias lucenses, representando máis do 16% dos postos de traballo e o 13% do PIB. O Goberno da Deputación sempre apoiará aos comercios de proximidade e de calidade”.

Pola súa parte, Ana Prieto subliñou agradeceulle á Asociación de Autónomas de Lugo por impulsar unha nova iniciativa, “unha máis, co fin de impulsar o comercio lucense de proximidade” e, polo tanto, dinamizar a actividade económica da cidade, coa repercusión que iso ten no emprego. Tamén tivo palabras de agradecemento para a Deputación, pola constante aposta e o compromiso que sempre amosa co comercio lucense en xeral, e co rexentado por mulleres, en particular, un sector vital para a economía da nosa cidade, pois aporta o 14% do PIB.

A Concelleira amosou o orgullo de que Lugo conte cun comercio de proximidade de alta calidade, dinámico e estruturado en torno a un tecido asociativo moi activo, “que ten un dos seus principais expoñentes precisamente na Asociación de Autónomas, que ao longo do ano promove un importante número de actividades orixinais e atractivas coas que estimulan as vendas, e ao mesmo tempo, lle dan aínda máis vida ás rúas da nosa cidade”.

Así mesmo revalidou o apoio do Concello a estas iniciativas, poñendo o seu gran de area para que saian adiante, “pero cremos que, sen dúbida, aparte da imprescindible colaboración que debemos prestar as administracións ao comercio, o éxito da súa dinamización e do seu futuro depende da capacidade de innovación e emprendemento que teñan”. Para rematar, animou aos veciños e veciñas de Lugo a gozar deste desfile.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com