O Lugo Sala, filial do CD Lugo

O CD Lugo e o Lugo Sala veñen de asinar un convenio de filialidade no que a entidade presidida por Tino Saqués dará apoio e soporte ao primeiro equipo do conxunto veciño que competirá a vindeira tempada na Preferente de Galicia, Grupo  Norte.

Como no convenio asinado co Friol CD Lugo, o equipo conveniado pasará a locir as cores do club en todos os pavillóns nos que defenda o nome da cidade. Este acordo, ademáis, ratifica a aposta do CD Lugo por apoiar as entidades deportivas do seu entorno, así como a súa aposta polo deporte feminino e de base.

O apoio a todos os axentes que conforman a sociedade de Lugo, ao deporte formativo e ao deporte feminino, representa unha das pedras angulares sobre as que se fundamenta o proxecto actual e futuro dos albivermellos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo