O PP advirte da falta de mantemento do Paseo do Rato

O edil do PP, Angel Trabada, denunciaba esta mañá a falta de mantemento no parque do río Rato, unha gran eiva que provoca que, nalgúns tramos, tanto o paseo do circuito principal como os distintos camiños desta zona, nos últimos anos, pasaran de ter un ancho de 2 metros a medir pouco máis de 30 centímetros. O popular tamén asegura que, en distintos puntos dos sendeiros, hai buratos de gran profundidade que supoñen perigo para os usuarios do Rato.

“Estanse achicando os camiños porque non hai unha conservación adecuada”, algo que tamén sucede, segúndo o edil, cos muros de contención do cauce fluvial. “En varios puntos onde houbo derrubes parcheáronse con materiais que non se adecúan á estética do entorno”, indicou o popular.

Para o concelleiro, “é unha pena que as institucións non manteñan impecable este parque”, asegurando que os danos nos camiños, muros de contención e mobiliario son evidentes.

Outra proba, segundo os populares, da “deixadez” con este pulmón verde da cidade, é a ponte de madeira situada á altura de Cela, que xa leva preto de dous anos sen a madeira do chan, o que inutiliza a infraestrututa.

A limpeza do cauce do río é outra asignatura pendente. Ángel Trabada explicou que as marxes e, sobre todo, o cauce do río Rato están pragados de maleza que, ademáis de afear esta zona verde, favorecen o seu desbordamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo