Obras na rúa Camiño Real para mellorar a circulación

O Goberno continúa con novas medidas que teñen como obxectivo a mellora da mobilidade, neste caso acometendo obras na rúa Camiño Real, para garantir a circulación fluída nestas rúa, unha acción máis que busca unha cidade sostible, accesible e para as persoas.

Tal e como explicou o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, trátase dunhas tarefas comprendidas nesta vía, entre a rúa Tino Grandío e a rúa García Abad, coas que se pretende reducir a beirarrúa nunha franxa de 30 centímetros na zona de aparcadoiro, co fin de gañar este espazo na calzada e garantir o paso do autobús entre os vehículos aparcados na liña de ambas marxes. Contan cun orzamento de 7.424 euros e cun prazo de execución duns 5 días laborais.

Por mor de dita obras, vaise proceder á anulación temporal da parada de bus urbano existente fronte ao inmoble número 63 desta rúa.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anxo
    Mar 21, 2017 - 10:23 AM

    Como a beirarrúa en Camiño Real era estreita, para “mellorar a circulación” estreitámola. ¡De tolos!

    Outra vez máis en Lugo facendo a cidade en favor dos coches e contra os cidadans.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo