Os usuarios da Escola de Música xa poden solicitar instrumentos en préstamo

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e o director da Escola Municipal de Música de Lugo, Carlos Méndez, informaron esta mañá, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, da apertura do prazo para solicitar materiais do Banco de Instrumentos na Escola Municipal de Música por parte das familias e alumnado do centro. Estes fondos iniciais, valorados en máis de 11.500 euros, son trombóns, trompetas, trompas, saxos, frautas, un fagot, bombardinos, unha tuba, unha gaita, pitos, packs de percusión e clarinetes.

Manuel Núñez explicou que “os fondos van dirixidos en especial ao alumnado de familias con maiores necesidades económicas, para as que a adquisición dun instrumento pode ser un impedimento para a aprendizaxe e facilitarlles a posibilidade de tocar o instrumento que a eles máis lle guste”.

Pola súa banda, Carlos Méndez, incidiu en que “o Banco, un dos poucos asociados a unha Escola de Música que se pon en marcha en Galicia, ofertará 28 instrumentos, que se irán ampliando paulatinamente e que serán entregados aos alumnos en base á renda familiar, aceptando tamén doazóns de persoas particulares, empresas, entidades públicas ou calquera outro ente ou colectivo”.

Terán prioridade as familias con menos recursos, polo que se solicitará información relativa á situación económica familiar, que se procederá a valorar para establecer unha puntuación –en función duns baremos establecidos en función do IPREM – Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples-, que servirá para definir a preferencia da adxudicación do instrumental. No caso de obter igual puntuación, daráselle prioridade á renda per cápita máis baixa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com