O Parque de Rosalía acollerá o sábado batallas romanas de street workout

O Parque de Rosalía de Castro acollerá este sábado, 29 de xullo, batallas romanas de street workout. Será a partir das 17:00 horas e ata as 20:00 horas nas instalacións que o Concello habilitara nas costas deste parque para a práctica gratuíta desta modalidade deportiva, que se asemella á ximnasia deportiva. O evento está organizado pola Federación Española de Street Workout e Calistenia, coa colaboración do Concello de Lugo.

O street workout é un movemento deportivo e social co que se promove a práctica do exercicio físico ao aire libre que se practica principalmente en parques públicos habilitados con barras de ximnasia empregando o propio peso corporal como lastre.

Nesta cita, que terá música, animadores, speakers e exhibicións, participarán uns 15 competidores de toda Galicia, que se retarán en tempos de 45 segundos baixo os movementos máis vertixinosos. Todas as persoas interesadas poden achegarse ata o parque para gozar deste espectáculo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo