O PP pide ao concello máis compromiso coas persoas con discapacidade

A concelleira popular, Mari Teijeiro, critica a “falta de vontade do goberno socialista á hora de pór en marcha un Plan Municipal  que mellore as condicións de empregabilidade daqueles traballadores con especiais dificultades para a súa inserción laboral”. Teijeiro pide explicacións sobre a integración laboral deste colectivo a través do ConTrato Feito, así como dos traballadores que ten no cadro de persoal do Concello e nas empresas externalizadas e demanda un maior compromiso do Goberno Local coa xente con diversidade funcional. Teijeiro refírese con esto ao Plan que o PP levou a pleno no que se contemplaban 4 liñas de actuación lamentando que “non deran nin un só paso para avanzar en ningunha das accións que se presentaron”.

Á vista do “pasotismo da administración local por impulsar medidas para a integración laboral de persoas con discapacidade” o Grupo Popular anuncia que pedirá explicacións aos socialistas da situación na que se atopa este programa e, nese senso, preguntará en Comisión “dos 663 traballadores municipais cantos traballadores teñen discapacidade e cantos teñen unha gran discapacidade?; cantos traballadores con discapacidade prestan servizo ao Concello a través de contratos externalizados a empresas? e cantas persoas con discapacidade se insertaron no mercado laboral a través do plan de emprego municipal?”.

A popular insiste en que “o traballo é o mellor motivo para a superación dos problemas das persoas con especial dificultad que reclaman a súa autonomía para construir a súa propia identidade e ser parte activa da sociedade”.

“O concello que máis inviste en benestar social”

Pouco tempo fixo falta para que o goberno local saira ao paso destas críticas dos populares. Así a edil de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, explicou hoxe que o Concello de Lugo está a levar a cabo plans de emprego “que non só benefician ás persoas con discapacidade senón as persoas, en xeral, que buscan emprego”, e aclarou que o goberno socialista lucense fai este traballo “sen ter competencias en materia de emprego”. A mensaxe da edil socialista hacia o PP municipal é clara: “que non lle veña con contos ao Concello que máis inviste en Benestar Social, que vaia petar nas portas que ten que petar, como é a da Xunta de Galicia do PP, que con estas críticas preventivas poderíase dar por aludida”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo