A Praza Maior acolle a xénese de Sebastião Salgado

Génesis é un mosaico onde a natureza se expresa en toda a súa grandeza. Despois de case tres décadas de reflexión sobre dramas e traxedias da humanidade, o recoñecido fotógrafo brasileño Sebastião Salgado iniciou no 2004 este proxecto centrado no planeta que dende hoxe acolle a Praza Maior de Lugo. «Unha oda visual á maxestuosidade e fraxilidade da Terra, unha advertencia de todo o que corremos o risco de perder», en palabras do propio fotógrafo. Esta mostra, se poderá visitar de balde, no fondo da Praza Maior ata o 13 de decembro.

Ata 2012, Salgado realizou un total de 32 viaxes para levar a cabo este percorrido polo mundo virxen e inexplorado con paradas na Antártida, Madagascar, Botsuana, Parque Nacional de Kafue en Zambia, a meseta do Colorado en Estados Unidos, Alaska, o arquipélago das Galápagos en Ecuador, Siberia e a selva do Amazonas, entre outros moitos destinos.

A mostra, formada por 38 fotografías en branco e negro, amosa paisaxes, animais e persoas que foron capaces de escapar da influencia do mundo moderno en rexións polares, bosques e sabanas tropicais, desertos abrasadores, montañas dominadas por glaciares e illas solitarias. Esta exposición forma parte do programa de Arte en la calle, que busca aproximar a arte ás persoas fóra do marco dos museos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo