Último día para que Concellos, asociacións e comisións se inscriban no Musiqueando

Último día para que Concellos, Asociacións e Comisións de festas se inscriban no Musiqueando da Deputación. Trátase da programación dotada con 160.000 euros coa que o Goberno Provincial impulsa a música tradicional na provincia, así como a creación e mantemento de corais, bandas ou grupos tradicionais. Os Concellos, asociacións ou comisións poden inscribirse ata mañá, 15 de marzo, ás 14:00 horas. Na www.deputacionlugo.gal hai habilitado un espazo con toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Cómpre subliñar que os Concellos e entidades que soliciten as actuacións deberán cumprir con diferentes medidas, como organizar as actuacións velando polo seu correcto desenvolvemento, non facer ningunha modificación na actuación sen a autorización da Deputación, ou empregar o galego nos carteis anunciadores e en toda a propaganda que se faga do evento. O Goberno da Deputación asumirá o 80% dos custos de cada actuación e o 20% restante, será achegado polos Concellos, asociacións ou comisións, que soliciten ditas actuacións. Grazas a esta programación, no 2017 realizáronse 220 actuacións, na que participaron 22 bandas, 26 corais e 64 grupos de musica tradicional galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo