Veciños e Comerciantes da Tinería piden unha nova reunión da Mesa de Traballo

A asociación de veciños, comerciantes e empresarios do barrio da Tinería, convocan para os vindeiros días unha nova Mesa de Traballo tras a última celebrada a finais do 2017. A asociación recoñece que un dos puntos a tratar debería ser o balbordo ao redor do borrador da Ordenanza Cívica, que veciños e comerciantes consideran de vital importancia. Asemade, entre os asuntos máis esperados, a asociación quere coñecer a situación na que se atopan os locais comerciais que o Concello ten alugados no barrio para crear negocios do CEI Nodus, así como a restauración das vivendas ou do Pazo de Dona Urraca.

Noutro eido, a asociación Lugo non perdas o Tren, vén de solicitar información a Adif sobre un novo espazo para habilitar unha zona de aparcadoiro ao redor da Estación ferroviaria da Cidade, como lle prometeran á propia asociación na última reunión con Adif e Fomento en Madrid

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo