Vostede é feliz?

Cada certo tempo, o C.I.S.,  organismo encargado de saber o que pensamos colectivamente os españois, confecciona enquisas que logo publica co nóme de Barómetro social.

Habitualmente esta enquisa, faise en relación coa opinión sobre as intencións de voto, preocupacións sociais, tendencias de consumo, e así con todo o que nos afecta directamente, se ben últimamente cando dan resultados políticos que non coinciden co pensamento dos afectados, estes queixanse da fiabilidade ou independencia  na concepción e realización da mostra.

Pero o que hoxe nos interesa do Cis é unha recente enquisa que ven de facer sobre a felicidade dos españois, na que os galegos resultamos ser os menos felices de todos os españois.

Póñome no lugar dos entrevistados, e se recibo unha chamada telefónica para unha enquisa, primeiro póñome en garda e logo respondo con prevención para non mollarme moito, aínda que a resposta non supoña compromiso algún. E se me preguntan se son feliz, responderei que me considero medianamente feliz, porque o que hai arredor non permite unha felicidade total, e as miñas circunstancias non me permiten ser infeliz. Pero, claro esta, é unha resposta de galego, e a saber como poden procesala.

Nesta enquisa, na que a felicidade se valoraba de 0 (completamente infeliz), a 10 (totalmente feliz), e as respostas andan entre o 7 e o 8, en Galicia o nivel de felicidad é do 7,06; en Cataluña o 7,36; en Andalucía,o 7,49, e nas Illas Baleares (os que máis), 7,86.

Eu non vexo tan felices ao conxunto dos cataláns como para estar máis satisfeitos da vida ca os galegos –pura tranquilidade-, nin vexo de tan mal talante a todos os que observo arredor de min, co que non sei se hai que dubidar das respostas que damos a preguntas difíciles, ou da posibilidade de que se calcule a felicidade. Porque o máis probable é que no noso país, se nos preguntan: “Vostede é feliz?”, respostemos “Depende”, porque ninguén pode ser tan absurdo como ser humano que creerse completamente desgraciado, sen unha sóa boa impresión vital, ou totalmente feliz, porque entón merece que lle fagan unha revisión profunda. Ou sexa: A felicidade, depende.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo