Web sobre a Academia de Vilalba

Promovida polos antigos alumnos da Academia Santa María de Vilalba, a plataforma en internet Galicia Digital está a traballar na confección dunha web que vaia recollendo anacos da historia desta Academia que tivo un especial papel na formación secundaria de centos de vilalbeses despois da desaparición do Instituto que funcionou no edificio do Hospital nos anos trinta do pasado século.

Como cada ano (este, xa é o décimo), exacadémicos desta institución vilalbesa xúntanse nunha comida, preténdese que a web se poña en funcionamento con motivo desta celebración, que terá lugar o próximo 29 de agosto, no Restaurante Montero de Vilalba.

A web, que recibirá aportacións de todos os que queiran aportar lembranzas ou testemuñas, irá conformándose e medrando segundo vaia recibindo achegas de todos os que conserven papeis e recordos da antiga Academia.

Prégase que todas as aportacións ou suxestións se fagan chegar ao correo electrónico “xulio@galiciadigital.com”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo