" />

Xunta e Deputación continúan sen acadar acordos sobre os Bombeiros

A Xunta de Galicia e o Goberno Provincial continúan sen acadar un acordo con respecto ao conflito dos bombeiros dos parques comarcais lucenses. Segundo expresa a Deputación, o ente autonómico continúa negándose á equiparación salarial dos bombeiros de Lugo cos das outras provincias galegas. Asemade, na reunión mantida onte entre o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e os tres presidentes das deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra, o ente galego deixa nas mans das Deputacións a decisión sobre o modelo de xestión a seguir nestes parques de Bombeiros.

Hoxe, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos negou as afirmacións de Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta, quen asegurou que ca xestión pública dos parques de bombeiros podería haber despidos. Santos Ramos tranquiliza á xente e reafírmase en que “só se trata dunha entelequia da Xunta, pois o paso á xestión directa só implica que se debe facer unha proba de acceso, e eso sábeno tamén os bombeiros” e asegura que podería, incluso, haber un incremento de prazas, por un custo menor.

De feito, o voceiro do equipo de goberno explicou que, en concreto, na provincia de Lugo, incluso se podería acadar, unha vez feita a equiparación salarial dos bombeiros de Lugo cos de Ourense, un aforro anual de entorno aos 125.000 euros, aforrando custos como o IVE ou o beneficio industrial, entre outros, “co cal, o Goberno Galego non ten escusa”, apuntou.

“O feito que si que é transcendente é que, logo de trasladarlle á Xunta de Galicia a intención e a vontade do Goberno Provincial, xa manifesta nos orzamentos da Deputación, de facer esta equiparación salarial dos bombeiros lucenses se produza de inmediato, é dicir, non ter que esperar a todo o procedemento de cambio de modelo de xestión que nos levaría o ano 2019, a Xunta de Galicia di claramente non”, subliñou Santos Ramos.

Xunta e Deputación non logran poñerse de acordo nos temas relacionados cos bombeiros e, o certo é que son os traballadores os que continúan coa incertidume de saber que pasará.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo