A Xunta prmove a creación de empresas a través do Galicia Rural Emprende

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, promove as iniciativas de diversificación e creación de novas empresas a través do programa Galicia Rural Emprende. Para este fin, o Goberno galego destina 4,5 millóns de euros, isto é, un 80% máis de orzamento dispoñible que na anterior convocatoria.

Os beneficiarios destas axudas poden ser autónomos, pequenas e medianas empresas que teñan previsto desenvolver actividades non agrarias en calquera dos concellos lucenses, excepto a zona urbana de Lugo cidade. Os interesados poden presentar a súa solicitude de axuda ata o vindeiro 26 de marzo.

Así o fixeron por exemplo, dous emprendedores da Mariña lucense, que hoxe contaron coa visita do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que quixo coñecer de primeira man o desenvolvemento destas iniciativas apoiadas pola administración autonómica ao abeiro do programa Galicia Rural Emprende.

O primeiro proxecto, ten por obxecto a construción de cinco bungalós para o seu aluguer na localidade de Barreiros, un dos municipios de maior afluencia turística da Mariña, de xeito especial no período vacacional. A iniciativa conta cun orzamento de 166.000 euros dos que a Xunta achega 65.000 euros.

Esta actividade de nova creación, promovida por un emprendedor, na condición de traballador autónomo, busca ofertar aloxamentos individuais que permiten un maior contacto coa natureza e dispoñer de todas as comodidades dunha vivenda.

A segunda das iniciativas apoiadas está emprazada en Ribadeo e foi promovida por un mozo emprendedor, de 28 anos, xerente da empresa Logística Trafor que decidiu diversificar as súa actividade ao ámbito dos servizos forestais. O proxecto contou cun orzamento de máis de 119.000 euros apoiados cunha axuda autonómica de 70.000 euros.

Inicialmente esta empresa –que conta cun cadro de persoal de 10 traballadores- desenvolvía a súa actividade no ámbito do transporte de mercadorías, principalmente de madeira. O contacto directo con este sector levoulles á idea de ampliar a súa actividade e incluír a corta e retirada de madeira, completando deste xeito os servizos ofertados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com