" />

Nova alerta amarela por fortes ventos no litoral e neve no interior

Logo da nevada que caeu o pasado venres e que deu lugar a que moitos lucenses se achegasen hoxe domingo a Pedrafita do Cebreiro para gozar do manto branco, unha nova fronte atravesará Galicia na mañá do luns e activará de novo a alerta amarela por fortes ventos no litoral, moderado no interior e chuvia, que poderá vir acompañada de saraiba e treboadas, durante a primeira metade do día, segundo informa Meteogalicia.

Xa pola tarde haberá alternancia de nubes e craros, con chuvascos máis probables na metade norte e máis ocasionais no sur da provincia. En canto a cota de neve situarase nos 800 metros nas primeiras horas e irá ascendendo co avance do día ata os 1000 metros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo