150 deportistas recibirán as axudas da Deputación

O Executivo Provincial aprobou hoxe en Xunta de Goberno 150 axudas para deportistas individuais que a Deputación ofreceu, en réxime de concorrencia competitiva, por valor de 75.000 euros. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera
Capón, destacou que son axudas coas que “dende o Goberno recoñecemos o esforzo dos nosos deportistas, que son os mellores embaixadores que podemos ter, pois levades o nome de Lugo e da nosa provincia por todo o territorio nacional e estranxeiro”.

“Somos conscientes das dificultades que supón hoxe en día a práctica deportiva profesional, polos elevados custes de desprazamentos, inscricións en competicións ou material técnico, dificultades que se incrementan no caso dos deportes individuais”, apuntou.

En total, foron 150 deportistas individuais da provincia de Lugo os que se beneficiaron destas axudas que ofreceu o Goberno da Deputación en réxime de concorrencia competitiva, é dicir ás que puideron optar todos os lucenses interesados, e coas que premiou o esforzo competitivo introducindo novos criterios, totalmente obxectivos, para a súa concesión. As bolsas oscilan entre os 300 e os 1.500 euros.

Foron, concretamente un total de 82 homes (55%) e 68 mulleres (45%) os que recibiron axudas, premiando o esforzo competitivo dos deportistas, posto que por primeira vez, tivéronse en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo