1ª xornada formativa para propietarios de vivendas turísticas de Lugo

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou onte sábado no Pazo de San Marcos, na Deputación ,na primeira xornada para propietarios de vivendas de uso turístico da provincia que organiza AVITURGA (Asociación de Vivendas turísticas de Galicia) en colaboración co Executivo Provincial e os Concellos de Lugo e Viveiro. A primeira destas xornadas gratuítas celebrouse en Lugo e nela participaron XX persoas, co obxectivo de clarificar os aspectos que introduce o novo decreto 12/2017 da Xunta de Galicia, así como mellorar as súas aptitudes para ofrecer un servizo de máis calidade profesional de cara ao público. As xornadas terán a súa continuación hoxe coa celebración da segunda xornada en Viveiro.

Vidal Baamonde subliñou que “coa celebración destas xornadas queremos garantir que os propietarios dos máis de 700 inmobles de uso turístico que hai no territorio lugués,  un 14% de todas as prazas de aloxamento da provincia, estean correctamente informados da lexislación vixente. Pretendemos que poidan dar un salto cualitativo na prestación deste servizo e que os nosos visitantes leven unha imaxe positiva da provincia e repitan experiencia”.

 Vivendas de uso turístico

Son vivendas de uso turístico as cedidas a terceiras persoas, de maneira reiterada e a cambio dunha contraprestación económica, para unha estadía inferior a 30 días, amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade. Poden ser comercializadas, ademais de polas empresas turísticas, polos seus propietarios ou persoas físicas ou xurídicas que os representen. Todas as dependencias deben ter o seu sistema de calefacción excepto nos meses de xuño a setembro, contar cun número de teléfono as 24 horas para a atención dos clientes, e un servizo de asistencia e mantemento. Pode haber limitación do número deste tipo de inmobles en cada municipio.

Programación das Xornadas para hoxe domingo en Viveiro

Biblioteca Municipal de Viveiro

12:00 horas.-Recepción e entrega de materiais e bolsas con merchandasing.

12:05 horas.-Benvida da Concelleira de Turismo, Marisol Rey.

12:10 horas.- Introdución  a cargo da Presidenta de Aviturga. Que é a asociación e por que se centra na formación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com