2.300 persoas participarán este domingo no Corre con Nós polo Paseo do Rato

Unha nova edición do Corre con Nós terá lugar este domingo, 16 de febreiro. A segunda proba do ano, que discorrerá pola estrada do Paseo do Rato dende as 12 horas, xa conta con máis de 2.300 persoas inscritas na competición.

As saídas e chegadas serán no mesmo lugar, no comezo da estrada do Río Rato no cruzamento coa Tolda de Castela e transcorrerán, como é habitual, comezando coas categorías de menos idade. Así, ás 12.00 horas sairá a Categoría Mini (participantes entre 5 e 7 anos), dez minutos despois, os participantes das SUB10 e SUB12 (entre 8 e 11 anos) saíran xuntos. Ás 12.20 horas será a quenda das categorías SUB14 e SUB16 (entre 12 e 15 anos) para rematar, ás 12.40 horas, a categoría de Adultos (participantes nacidos ata o 2001).

Toda a información da carreira está dispoñible na web do circuíto http://correconnos.com/pages/web/portada .

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com