2.341 mozos e mozas da provincia poden beneficiarse do Bono Cultural Xove

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, animou hoxe á mocidade lucense a disfrutar da cultura aproveitando o Bono Cultural Xove que pon a súa disposición o Goberno, que investirá 936.400 euros nesta iniciativa destinada a apoiar a industria cultural.

A subdelegada explicou que na provincia de Lugo 2.341 mozos e mozas ponen beneficiarse do Bono Cultural Xove, unha achega implementada polo Goberno para favorecer a industria cultural. Isabel Rodríguez destacou que esta axuda tamén servirá para dinamizar o comercio de proximidade nos concellos e, ademais, contribuirá a algo tan importante como é xerar hábitos de consumo de produtos culturas entre a mocidade

Rodríguez informou de que o Ministerio de Cultura facilita un bono de 400 euros para investir en cultura a todos os mozos e mozas que cumpren os 18 anos en 2022. Na provincia de Lugo os beneficiarios potenciais son 1.180 mozas e 1.161 mozos, aos que pediu que aproveiten a oportunidade que lles brinda o Goberno para acceder a produtos culturais do seu interese.

O prazo para a solicitude do Bono Cultural Xove está aberto desde o 25 de xullo e as solicitudes fanse a través de unha web e unha app

Unha vez concedida a axuda, recíbese unha tarxeta prepago vitual para usar a través do móbil que se pode empregar en todas as empresas culturais adheridas ao programa. Todas as entidades interesadas en vender os seus produtos e servizos aos portadores desta tarxeta poden tramitar a súa adhesión ao programa a través da páxina web do Bono Cultural.

O bono está dividido en 3 apartados, para fomentar o acceso a diversas expresións culturais:

200€ para artes en vivo, patrimonio cultural e audiovisuais

100€ para produtos culturais en soporte físico como libros, revistas, prensa, videoxogos, discos, partituras, etc.

100€ para consumo dixital como suscricións a plataformas musicais, audiolibros, prensa dixital, videoxogos en liña, descarga de podcast, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com