20 lucenses poñen en marcha a súa empresa grazas ao plan Inicia Coworking

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe que vinte emprendedores lucenses puxeron en marcha a súa propia empresa grazas ao Inicia Coworking, un programa impulsado polo Concello en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) que ofrece de xeito gratuíto un apoio integral, individual e personalizado para lanzar con éxito un negocio, asegurando a súa viabilidade tanto técnica como financeira.

A rexedora fixo balance na Sala Coworking do CEI Nodus da primeira fase deste proxecto de fomento do emprendemento nun acto ao que asistiu a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto; a Deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo; o mentor dos proxectos emprendedores, Roberto Touza; e os emprendedores que tomaron parte na primeira convocatoria do programa; así como Rodolfo Ojea, xerente da Fundación CEL; Mauricio Repetto, presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios de Lugo; Beatriz Varela, presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo; e José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio, entre outros representantes do mundo empresarial da cidade e da provincia.

Lara Méndez anunciou que a primeira fase do plan Inicia Coworking, que se desenvolveu nas instalacións do CEI Nodus durante os últimos cinco meses, terá o seu “broche de ouro este xoves, cunha gala no MIHL, na que os emprendedores expoñerán ante o tecido empresarial os seus proxectos, o que supón unha plataforma de lanzamento fundamental, e que contará coa presenza do prestixioso economista Emilio Duró, que ofrecerá a conferencia de motivación Non vale renderse”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com