22 poetas poñen voz á obra de Rosalía, este venres na Deputación

O Salón de Actos da Deputación de Lugo acollerá mañá venres o acto poético musical Día de Rosalía: entre versos e adagios, unha das actividades incluídas na programación Mes de Rosalía que a área de Cultura organiza arredor do aniversario do nacemento da poeta de Padrón.

A partir das 20:00 horas,  Xosé Otero, Marica Campo, Tareixa Campo, Adela Figueroa, Ana Mar Fraga, Ana Gamallo, Fernando García, Ánxela Gracián, Chelo Gayoso, Paco Ledo, Dulce María López, Emilia Martínez, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Toño Núñez, Conchita Paz, Luisa Paz, José Pedreira, Ana Rey, Isabel Rodríguez, Xosé Carlos Ulloa e Branca Villar recitarán poemas e textos de Rosalía de Castro, e outros de autoría propia relacionados con temáticas presentes na obra rosaliana.

A cantautora Paloma Suanzes encargarase do acompañamento musical do acto, que dirixirá Montserrat González, responsable do Servizo de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com