3-3 Empate do CD Lugo ante o Real Zaragoza

O CD Lugo empatou esta tarde no Anxo Carro, logo dun partido que levou aos de Luís César a remontar dous goles en contra e rematar o encontro con empate a 3 no marcador.

O encontro comezou con problemas para o Lugo que xa no minuto 14 e cun remate de Manuel Lanzarote poñía aos visitantes por diante no marcador. Co encontro moi igualado, os locais buscaban o empate que chegaba no minuto 38 nun remate pola esquerda de Pedraza. Con empate a 1 chegaba o descanso.

Xa na segunda parte, o Zaragoza  volvía a  poñer en apuros aos locais e cun remate de Ángel no minuto 50 poñía o marcador 1-2 e sete minutos, de novo Ángel era quen logo dun remate coa dereita dende o centro da área marcaba o terceiro para o Zaragoza.

Co marcador en contra,  os de Luís Cesar, buscaban insistentemente o gol e conseguían reducir o marcador no minuto 70 cun gol de Joselu dende o centro da área. Tres minutos despois, era Campillo quen remataba coa esquerda, nunha asistencia de Iriome, e facía o terceiro para o Lugo. Co marcador definitivo de 3-3 chegaba o final do encontro e o Lugo conseguía un punto no seu primeiro partido da temporada na casa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com