30 operarios e 12 máquinas acondicionan vías en 5 Concellos por acumulacións de neve

A Deputación mantén activado o dispositivo de Inverno para facer fronte ás acumulacións de xeo e neve na rede viaria provincial, producidas durante a xornada de onte. Un total de 30 operarios, 6 máquinas quita neves, 3 tractores de apoio con cuña e saleiro e 3 vehículos pick up con cuñas; están a acondicionar as estradas provinciais e municipais máis afectadas.

Os operarios do dispositivo invernal da Deputación están a limpar, arestora, estradas nos seguintes Concellos:

Courel: LU-P-1303 “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-4505 “de Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”; LU-P-1305 “de Campa por Vilar a Alto do Boi”.

Cervantes: LU-P-1401 “de LU-P-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “de San Román a Quindós”; LU-P-1405 “de Campa da Braña a Tres bispos”; LU-P-1411 “de Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “de Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”.

Navia de Suarna: 3501 “Paradela ao Alto do Restelo”; LU-P-3502 “de Muñis a Rao”; LU-P-3508 “de Rao por Murias a Balouta”; LU-P-3505 “De Navia por Silvouta”; LU-P-3509 “De Navia ao alto de Labiadas”.Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602 “de Acebo a Negueira por Ouviaña Asturias”.

Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”; LU-P-4503 “de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullán”.

O dispositivo de Invenro da Deputación continuará traballando na rede viaria provincial, a máis extensa do estado, co fin de garantir a seguridade das principais vias de comunicación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com