Carta aberta

Non é normal, non, señores/as representantes públicos. Están aí vostedes para resolver, non para entorpecer, adiar, mentir, ou mudar de criterios en función de intereses de parte. Están aí para servir aos intereses da xente. Digo esto porque desde a asociación que presido (Lareira de soños dos Vilares) vimos padecendo na nosa actividade comportamentos viciados de todas e cada unha das institucións que teñen algo que ver coa parroquia chairega de Guitiriz, tanto por parte do Concello, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e mesmo a Diocese da Igrexa.

Cando falo dos intereses de tod@s ningunha cousa é máis de tod@s que o patrimonio histórico, sexa material ou inmaterial, etnográfico, arqueolóxico ou relixioso e na nosa parróquia temos moito e moi importante, e por certo, a maior parte sumido no abandono, como en casi todas as parroquias do país, por desgraza.
Temos asumida a impossibilidade de recuperación da maior parte, e por iso nos centramos no traballo de tentar recuperar polo menos aquel aínda salvábel e máis valioso ou emblemático, partindo da súa viabilidade e tamén na rendabilidade económica e social para o futuro.
Xermolos promoveu unha campaña de Crowfunding para tellado a casa de Diaz Castro mentira o Concello e a Deputación gastaban 50.000€ no arreglo dunha palleira privada enfrente da casa para aula de interpretación e o inmoble principal sigue a deteriorarse.
A nosa campaña para restaurar as pinturas murais da igrexa leva catro anos de entrevistas, visitas, promesas incumpridas e mesmo temos levado o problema ao Parlamento Galego e á oficina do Valedor do Pobo. Non é por antoxo ou cabezonada, é simplemente porque as pinturas unha vez degradadas corren serio risco de desaparecer. Máis de cinco séculos de antigüidade ben merecen 80 ou 99.000€, nonsí?
Tamén, hai dous anos, descubrimos e limpamos unha mámoa de 7.000 anos de antigüidade, emoi bó estado de conservación, a Mámoa das Carriceiras, e ainda aguardamos um mínimo xesto do Concello ou de Património para sinalizala e protexela.
O silenzo é, no mellor dos casos a resposta ás solicitudes, como o arreglo, e posterior posta en uso social da escola Habaneira da Conchada que vai camiño do século co deterioro lóxico da falta de uso e mantemento e sen adecuar aos tempos a súa habitabilidade e o mesmo, aplicábel tamén a unha magnifica casa rectoral que rematará tamén a este paso, na ruína.
O cume do pasotismo xa é un cruceiro do Calvario rompido nun accidente hai nove meses e no que a dia de hoxe, nin Concello nin igrexa, nin Património foron quen de xestionar co seguro o arreglo da cruz; eso si, as escusas e mentiras descargando responsabilidades uns nos outros foi a tónica común.
Poderiamos falar de peticións feitas polos veciños en campaña á Alcaldesa das que tomou nota e nada fixo na parroquia. Lavadoiros, fontes, muíños, os cobertizos da Feira do Sete…
Iso si, fotos en tramos de un kilómetro de Alcaldesa e concelleir@s con Deputados provinciais houbo varias, e paréceme ben, pero gostaría tamén de ver esas fotos dentro da Casa da Xente (Díaz Castro) toda restaurada e sendo centro de cultura do País, ou na Igrexa cos marabiosos frescos do Mestre de Parga lucindo como hai cincocentos anos, ou diante dun panel explicativo ao pé da Mámoa das Carriceiras ou cos nosos maiores disfrutando da Escola da Conchada como centro social cheo de actividades, ou a festa da Pascua lucindo orgullosa o seu Calvario…
Mentras, somos as entidades asociativas as que tentamos sen recursos, defender a NOSA história e património do esquecemento e do abandono mesmo contra a inacción, as mentiras e a falta de sensibilidade das institucións.

Autor: Antón Tenreiro Ferreiro – ANTÓN DE GUIZÁN

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com