" />

Vázquez Almuíña visita as obras de demolición do antigo Xeral

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou as instalacións do antigo Hospital Xeral. Na visita, o titular da carteira sanitaria estivo acompañado polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, e polo xerente da área sanitaria Ramón Ares Rico.

A demolición desta infraestrutura sanitaria ten un prazo estimado de execución de sete meses. Con esta actuación, o Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo reafirma o seu compromiso de dotar á cidadanía de Lugo de novos servizos públicos.

O orzamento das obras é de 3,2 millóns de euros e suporá actuar nunha superficie construída de máis de 20.000 metros cadrados, incluídas as edificacións auxiliares. Xa se levou a cabo o peche perimetral e sinalización de seguridade na zona na que se desenvolveran os traballos. A demolición comezará pola planta baixo cuberta e farase sempre desde arriba cara abaixo.

O proxecto do Novo barrio da Residencia contempla, entre outras instalacións, a construción do Centro Integral de Saúde de Lugo, no que a Xunta prevé investir nove millóns de euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo