" />

47 artistas daranse cita na nova mostra que acolle o MIHL

Este martes tivo lugar a presentación da exposición Xuntanza, unha nova mostra multidisciplinar que acollerá a partir de mañá e durante un mes, o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Nela conflúen 47 obras doutros tantos artistas de toda España, baixo as máis diversas técnicas e tendencias de arte contemporáneo, dende o realismo máis minucioso á abstracción máis ousada, con referencias a todas as épocas e culturas.

A mostra Xuntanza recolle dende esculturas a pinturas, pasando por fotografías de 47 artistas descoñecidos, recoñecidos, laureados e emerxentes, 26 deles lucenses. As obras son creacións dos artistas Xosé Azar, Carlos Ballesteros, Alfredo Bongianni, Quique Bordell, Alejandro Carro, Santiago Catalán, José Manuel Chamorro, Aurora Charlo, Alicia da Col Olivotti, Dupont, Iago Eireos, Fina Eirós, Omar Guerrero, Araceli Fernández, Isabel Flórez, Rosa Gallego, Joaquín García, Roberto González, Manuel Gracia, Dolores Guerrero, Carla Hoet, Honorio, Lomarti, Germán Limeres, David Llorente, Adriana Berges, Raquel Mayor, Sacramento Muñoz, Antonio Murado, Miguel Anxo Macía, Juan de la Cruz, Enrique Pedrero, Soledad Penalta, Noa Persán, Baldomero Pestana, Iván Prieto, Xosé Reigosa, Pablo Reviriego, Justo Revilla, Peña Romay, María José Santiso, Isabel Somoza, Joaquín Ureña, Carlos Valcárcel, Xoán Vila, Christitan Villamide e Fernando Villapol.

Horarios da exposición

Xuntanza poderase visitar ata o 29 de novembro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde.

XVIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole

Doutra banda, o Concello deu a coñecer esta mañá as bases que regulan o XVIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole. Poderán presentar traballos calquera autor ou autora de calquera nacionalidade ata o 31 de decembro.

Presentaranse por triplicado, escritos por unha soa cara. Os traballos enviaranse ao departamento de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. As obras presentadas, que poden consistir tanto nunha novela curta como nun conxunto de relatos, en calquera caso cunha extensión total mínima de 50 folios estándar e máxima de 100; deben ser orixinais e inéditas, escritas en lingua galega conforme á normativa oficial establecida pola Real Academia Galega. Cada autor poderá presentar cantas obras quixera.

Establécese un único premio de 4.000 euros. A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia.

Máis información en www.lugo.gal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo