" />

60 alumnos reciben formación sobre a loita contra violencia da muller con diversidade funcional

Un 60 alumnos da provincia están a recibir formación en materia da loita contra a violencia hacia as mulleres con diversidade funcional, da man da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e da Deputación, no marco do programa Vio7: Ver para erradicar. O primeiro destes encontros tivo lugar en Monforte de Lemos esta mañá, no IES Daviña Rei de Monforte, no que 18 alumnos puideron informarse sobre a violencia e as relacións igualitarias.

O programa formativo está organizado en 4 sesións temáticas por grupo, en grupos reducidos que favorezan o debate, nas que o alumnado se formará en materia de igualdade e aprenderá a vulnerabilidade á que se enfrontan as mulleres con discapacidade, así como as diferentes formas de violencia á que están expostas. Os obxectivos son promover entre a mocidade as relacións igualitarias, concienciar sobre a violencia de xénero, visibilizar as capacidades e necesidades das mulleres, mudar a imaxe social das persoas en situación de exclusión social e promover a empatía e o coñecemento da realidade das persoas en situación de exclusión social de Galicia, así como capacitar ao alumnado participante nas relación igualitarias.

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, participou, no primeiro encontro do programa, que conta cunha financiación provincial de 6.500 euros e imparte ACADAR. López Izquierdo sinalou que “o programa Vio7 contribúe a reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da muller en xeral, e os das que contan con algún tipo de discapacidade en particular. Deste xeito, buscamos promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en todos os ámbitos da sociedade”.

A Deputada de Benestar destacou ademais que “na necesidade de que as institución avancemos no deseño e na planificación de políticas que contemplen o xénero e a discapacidade de forma transversal, que se deben complementar con actuacións que non sexan sobreprotectoras nin discriminatorias no ámbito familiar e doméstico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo