600 euros e 6 puntos para un condutor detectado a 102 nunha vía limitada a 50 km/h

Durante a pasada semana, do 6 ao 12 de xullo, e dentro da campaña da DXT sobre velocidade, efectivos da Policía Local de Lugo estableceron diferentes controis utilizando un vehículo policial dotado de cinemómetro naquelas vías onde se detecta un incremento da sinistralidade, efectuándose estes filtros en todos os distritos da cidade e en todas as franxas horarias (mañá/tarde/noite). O resultado desta campaña foi de 5.219 vehículos controlados, formulándose 322 denuncias por pasar a velocidade establecida para a vía.

A velocidade máis alta detectada foi de 102 km/h nunha vía limitada a 50 km/h, o que supón para o condutor unha multa de 600 euros e a retirada de 6 puntos do seu permiso de conducir.

Así mesmo detectáronse tres vehículos que circulaban sen que o propietario subscribise un contrato de Seguro que cubra a responsabilidade civil derivada da súa circulación, o que supón unha multa de 1.500 euros e a retirada do vehículo ao Depósito Municipal onde queda inmobilizado.

Tamén se sorprende, ás 2:45 horas do sábado día 11 de xullo, a un condutor que circula pola Ronda das Fontiñas, sendo sometido á realización de probas de detección alcohólica arroxando un resultado positivo de 0,62 mg/l, polo que se lle incoa expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

Emerxencia sanitaria

Continuando co dispositivo activado en datas pasadas para o control do cumprimento da normativa sobre a obrigatoriedade do uso de máscaras a persoas de 6 anos en diante, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levantaron sete actas de infracción a outras tantas persoas que transitaban pola vía pública por non facer uso da máscara, sen manter a distancia de seguridade interpersoal e sen atoparse en ningunha das causas de exención contempladas no artigo 6 da Real Decreto-Lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.


Imaxe cedida pola Policía Local a través do Concello de Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com