650 maiores da provincia se benefician dos descontos da Deputación en tratamentos termais

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; e a Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo; acompañados do Director do Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas, Antonio Garaloces Paz, mantiveron este luns un encontro con usuarios do Lugo Termal 2017, nas instalacións do balneario lucense. Trátase da programación que ofrece o Executivo Provincial para lucenses maiores de 55 anos con descontos de máis de 60 euros en tratamentos mineromedicinais co fin de potenciar o benestar social e impulsar o turismo termal na provincia.

En total, foron 644 lucenses os que se beneficiaron desta iniciativa e que desfrutaron de diferentes técnicas termais nos 3 balnearios da provincia, que se adheriron ao Lugo Termal  017. En concreto o Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón, acolleu a 404 persoas; o Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei, a 155; e o Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas, a 85 maiores.

Campos Conde explicou que “dende que iniciamos esta edición, no mes de decembro, xa foron preto de 650 maiores os que puideron acceder a estes tratamentos grazas aos descontos que ofrecemos dende o Goberno da Deputación. Sen dúbida, esta programación segue a espertar un grande interese entre os maiores da provincia, pois foron máis de 6.000 persoas maiores de 55 anos as que participaron no Lugo Termal durante as sete edicións que levamos desenvolto”.

Ademais, o Presidente subiñou que “dentro da nosa aposta por ser unha Deputación social e coas persoas, que traballa por mellorar o benestar dos nosos maiores, ofrecemos atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos; así como programas específicos a persoas con algún tipo de discapacidade física, psíquica ou sensorial”.

O Goberno da Deputación ofrece outras 111 prazas con descontos do Lugo Termal 2017. Os interesados en participar deben cubrir os formularios de inscrición, que están en www.deputacionlugo.gal e presentalos cubertos xunto a dúas copias do DNI no Rexistro Provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com